INICIATIVA DA UNESCO

Ourense centralizará a celebración del Día da Lengua Materna

A cidade de Ourense centralizará o próximo 21 de febreiro, venres, as celebracións da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta con motivo do Día Internacional da Lingua Materna.

Así, programaránse dous pases do espectáculo infantil e familiar 'Ñam' --un ás 17,00 e outro ás 18,30 horas-- da compañía Caramuxo Teatro, destinado a nenos de ata catro anos.

As entradas serán gratuítas, pero o auditorio está limitado a 100 persoas por función, polo que os pases deberán retirarse dende o próximo luns na billetera do Auditorio Municipal.

Con este día a Unesco busca recordar o valor das linguas, independentemente do número de falantes que teñan, para asegurar a diversidade cultural e contribuír ao coñecemento humano.

Deste modo, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria avoga por promover o uso do galego na familia e a súa transmisión interxeracional como obxectivos prioritarios, así como para a promoción social do idioma.

Te puede interesar