Ourense

Ourense en Común: "O PP quere revivir mortos urbanísticos"

Ourense

Ourense en Común: "O PP quere revivir mortos urbanísticos"

O edil da marea ourensá, Martiño X. Vázquez, instou ao goberno de "deixar de xogar e de especualar co PXOM"

O grupo da oposición Ourense en Común mostrou a súa preocupación tras a decisión do goberno local a acollerese á Lei de acompañamento da Xunta, para resolver o PERI de As Burgas: "O PP quere revivir mortos urbanísticos", aclarou o edil ourensán.

"Volver as ordenacións provisionais e crear outras novas en base a esta lei, non garante que nos próximos anos non acontezan novamente estes episodios, e atopemos sentenzas en contra", explicou Martiño X. Vázquez.

Además, o portavoz de Ourense e Común completou a súa exposición: "O PP tiña enriba da mesa un PXOM aprobado con 5.000 alegacións, cun equipo erdactor valorando esas alegación, tiñan o informes sectoriais aprobados e todo o preciso para a aprobación dun PXOM, pero o PP fixo política especulativa co urbanismo de Ourense".