O FUTURO DE BENPOSTA

Ourense en Común culpa ao PP da posible desaparición de Benposta

photo_camera Vista da Ciudad de los Muchachos.

A marea ourensana amósase moi dura respecto á postura do goberno municipal neste caso: "É vergoñento que unha administración pública sexa incapaz de protexer os valores dun proxecto como este"

Ourense en Común amosouse nun comunicado moi crítica respecto á postura do goberno municipal no 'caso Benposta', trala apertura do proceso de poxa aberto pola Seguridade Social. "Entendíamos que o Concello de Ourense tiña unha oportunidade única de participar na poxa dos terreos de Benposta e protexer o legado que supón o proxecto educativo e circense -sinalan nun comunicado-. Así é que solicitamos no pleno de marzo que o técnicos municipais fixeran un informe xurídico e de tesourería para analizar as oportunidades e ameazas. Un acordo que compartimos con PSdeG-PSOE e Democracia Ourensana pero que o Partido Popular votou en contra".

A marea sinala que este proceso de poxa supuña "un fito importante e que podía ser histórico no conflitivo discorrer dos terreos de Benposta dende o ano 2003. Así é que abríase a porta por fin á posibilidade de superar a actual problemática de titularidade". Pero este posible escenario topouse, segundo Ourense en Común, coa actitude do goberno municipal: "É vergoñento que unha administración pública sexa incapaz de recoñecer e protexer os valores dun proxecto como o de Benposta. Se ao fin a cidadanía organizada, á que dende Ourense en Común daremos todo o apoio e soporte posible, non é quen de bloquear a poxa e protexer o espazo toda a responsabilidade da desaparición do proxecto de Benposta caerá sobre Jesús Vázquez Abad como alcalde de Ourense e de todos e cada un dos seus concelleiros”.

Te puede interesar