CELEBRACIÓN

Ourense súmase á celebración do Día Internacional do LGBT

27.06.16.OURENSE CEMINTERIO DE SAN FRANCISCO.O COLETIVO LGTB REALIZA OFRENDA FLORAL A BLANCO AMOR.
photo_camera Membros do colectivo LGBT, realizando unha ofrenda floral á Blanco Amor. (MARCOS ATRIO)

A fonte das Burgas iluminarase este martes, a partir das dez da noite, coas cores do Arco da Vella.

O Concello de Ourense sumarase mañá á celebración do Día Internacional do LGBT (Lesbianas, Gais, bisexuais e transexuais) con diferentes actividades. Unha delas, terá lugar nun dos puntos emblemáticos da cidade. Dende as dez da noite ata a 1 da madrugada, a fonte das Burgas iluminarase coas cores que forman a bandeira do Arco da Vella. 

Ademáis, o Concello divulgará esta celebración con 3 cubos informativos e 200 carteis con lemas como “O amor é amor, respétao”. "28 de xuño, Día Internacional de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais2 ou “Á tolerancia di sí”, entre outros, aos que dará tamén difusión a través dunha campaña en redes sociais.

O día 13 de xullo, terá lugar un obradoiro de Empoderamento sobre identidade LGBT para persoas adultas. En xullo tamén haberá un segundo obradoiro en colaboración coa Xunta de Galicia, que desenvolve o programa Quérote, que terá lugar no Espazo Lusquiños co lema “Eu respéctote”

Te puede interesar