Ourense en la Xunta

Roberto Castro, Beatriz Cuíña y José LuisVázquez reflexionan sobre el futuro del nuevo Gobierno.
Roberto Castro,Relaccións Institucionales: ‘Feijóo vai facer un esforzo por esta provincia’

Natural de A Mezquita, Roberto Castro é un dos políticos galegos máis veteranos. É director xeral de Relaciíons Institucionais.

Licenciado en Filosofía e Letras, profesor de Secundaria e deputado entre 1989 e 2009, Roberto Castro asumiu a Secretaría xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias. Ó seu xuizo, ‘o presidente tentou buscar o mellor equipo para levar adiante os obxectivos do programa electoral, sen falar de cuotas nin representación territorial’.

Está contento con esta responsabilidade?


levo moitos anos na vida política, sempre ó servizo do partido, e tamén moitos anos como deputado autonómico. O presidente creu que eu podía asumir esta responsabilidade pensando na miña experiencia. Síntome moi honrado e traballarei arreo nesta responsabilidade de canalizar as relacións entre o Goberno e o Parlamento ou con preocupación polas transferencias do Goberno central ás comunidades autónomas.

Que criterios vai seguir o novo Goberno de cara á provincia de Ourense?


O Goberno de Galicia tenta gobernar para todos sen excepcións, pero hai que ter en conta zonas que o bipartito esqueceu ou están en desventaxa. Estou convencido de que Feijóo vai facer un esforzo coa provincia de Ourense, como con outras tamén.

Como van ser as relacións cos concellos doutras cores políticas?


O presidente pensa en gobernar para todos, sen ter en conta se este concello é dunha cor ou doutra. De feito, xa visitou ó alcalde no Concello de Ourense e desplazouse aí para falar con el, que é o representante máximo da cidade. Esto contrasta coa actitude do anterior presidente, para desgracia del, por non actuar de forma amable. Aínda hai alcaldes esperando a que os reciba. Agora hai novas formas de entender a política.

Beatriz Cuiña, Secretaria de Presidencia Beatriz Cuiña: ‘O obxectivo é acadar un maior teito competencial’

Beatriz Cuiña, vicexerente do Campus de Ourense, entra por primeira vez nun cargo político, como secretaria xeral de Presidencia.

Cales son os principais retos que asume nesta lexislatura dende a súa área?


Fago meus os retos da Consellería, que comezan polas tarefas de apoio ao presidente da Xunta, especialmente na coordinación co Goberno e nas relacións co Parlamento. A coordinación é unha das miñas actividades fundamentais. E non é cousa menor, porque temos obxectivos tan importantes como lograr unha xustiza máis áxil, acadar un maior teito competencial para Galicia e mellorar a atención que a Administración presta aos cidadáns.

No caso de Ourense, que déficits entende que deben ser atendidos con máis urxencias?

O primeiro que me vén á cabeza, no ámbito das competencias da Consellería, son as infraestructuras xudiciais, precisamente porque esta mesma semana demos un primeiro paso moi importante para a súa mellora. Vimos de dar a coñecer o gañador do concurso de ideas para o novo edificio xudicial de Ourense, que poderá estar listo nun prazo aproximado de tres anos e que axudará a mellorar a prestación da Administración de Xustiza aos ourensáns.

No persoal, con que obxectivo encara as súas novas responsabilidades?


En primeiro lugar, como en toda etapa nova que se abre, arrranco con moita ilusión e con moita capacidade de traballo. E máis alá de obxectivos xerais, como funcionaria que son creo moito na cualificación profesional dos empregados públicos e unha das metas que me marco é lograr formar un gran equipo, involucrado nos obxectivos que nos temos marcado e que ofreza unha xestión eficiente, que satisfaga plenamente aos usuarios, que repito, son aos que debemos dirixir os esforzos.

José Luis Vázquez, Secretario xeral de Educación José Luis Vázquez: ‘Galego e castelán son as nosas linguas pero o inglés é básico’

José Luis Vázquez foi delegado de Educación pero abandoou a política para recuncar agora, como secretario desa Consellería.

O novo número dous da Consellería de Educación é licenciado en Económicas e desenvolveu a súa carreira ligado ó mundo educativo. Xa fora delegado desta consellería en Ourense nunha lexislatura, antes de renunciar para voltar agora á primeira liña.

Como se ve a situación de Ourense dende Santiago?


Somos conscientes de que as provincias do interior precisan un apoio decidido da Xunta. Hai que por os mecanismos para que, pouco a pouco, as diferencias con outras provincias sexan máis pequenas.

Cales son as prioridades?


Dentro da secretaría xeral, o obxectivo é mellorar a calidade do ensino nos seus distintos ámbitos.

E o conflicto lingüístico?


Temos dous idiomas nos que hai que ter competencias importantes porque galego e castelán son as nosas linguas. Pero a formación en inglés é básica, como en anos pode ser a chinesa.

Otro ourensano en la cúpula del Parlamento


Dentro del Parlamento gallego dos ourensanos están situados en la Mesa, el popular José Manuel Baltar, que es además vicepresidente de esa institución (y como tal figura también en la Diputación permanente), y el nacionalista Anxo Quintana, como vicesecretario, gracias a una cesión del PSOE. Los siete diputados del PP reparten su tra bajo de parlamentarios por las diferentes comisiones permanentes, siempre como vocales, con la excepción de Miguel Santalices, que preside la de Sanidade; Enrique Nóvoa, que es el vicepresidente de la de Ordenación Territorial, y Rosendo Luis Fernández, que ejerce esa misma responsabilidad en la comisión permanente no legislativa de control de la Compañía de Radio Televisión de Galicia.

En las filas de la oposición, de los dos diputados del BNG y los cinco del PSOE -casi todos son vocales en alguna comisión- sólo tienen cierta responsabilidad Tereixa Paz (BNG) en la comisión del estatuto del diputado; María Quintas, como secretaria de la mesa de la comisión de Administración xeral, y Carmen Acuña, con la misma responsabilidad en la de Sanidade.











Te puede interesar