Parada de Sil homenaxea mañá ó frade Emilio Graña

Logo licenciouse en Ciencias Políticas, sección de Socioloxía, dando clases na Universidade Laboral e no Otero Pedrayo, onde foi director varios anos.

O Concello de Parada de Sil homenaxea mañá ao frade Emilio Graña, no día adicado no municipio ás Letras Galegas. Graña foi un frade paúl, nacido en Teimende, que nos anos 69, 79 e 71 impulsou o uso do galego no colexio de Os Milagres, en Maceda, sendo represaliado polos propios frades.

Logo licenciouse en Ciencias Políticas, sección de Socioloxía, dando clases na Universidade Laboral e no Otero Pedrayo, onde foi director varios anos.

Ao acto acudirán entroutros representantes institucionais, Anxo Lourenzo, secretario xeral de Cultura, e un representante da Deputación provincial de Ourense todavía por determinar. Tamén se contará coa participación dunha coral. A laudatio faralla Antón Fernández, profesor da Universidade de Vigo e antigo vicerreitor de Ordenación Académica.

O acto de homenaxe rematará cuns pinchos para todos os asistentes ao evento, no restaurante O Curtiñelo.n

Te puede interesar