Infraestruturas

Pereiro acomete melloras no pavillón e o albergue

O Concello tamén mellora a contorna de varios núcleos do municipio

O Concello de Pereiro de Aguiar ten en marcha seis obras no municipio para mellorar algún servicios e infraestruturas públicas, como o saneamento, o pavillón municipal, o estado das pistas, o alumeado, o albergue de Ordelles, ou lavadoiros e fontes públicas. 

Actualmente, e dentro do plan de obras da Deputación de Ourense, o Concello está poñendo a punto o saneamento do núcleo de Santa Marta, coa creación dunha senda peonil. Tamén se acometen melloras no polideportivo municipal, aínda que o obxectivo do alcalde de Pereiro, Luis Menor, é que "no vindeiro ano fagamos máis para actualizar unha instalación que alberga cada día máis actividade deportiva".

Noutro dos puntos do concello estase actuando no asfaltado. Trátase dunha pista na Costa da Vela, que se atopa dentro dio programa de melloras de vías municipais que desenvolve o Concello.

Tamén en Santa Ana se acometen melloras e acondicionamento da contorna, uns traballados que cando sexan rematados estenderanse ao alumeado.

Outro dos puntos de actuación é a limpeza e acondicionamento de fontes e lavadeiros municipais que, segundo Menor, son "obras para manter vivo o noso patrimonio etnográfico e cultural, porque somos un concello que cada día loita polo seu desenvolvemento pero non olvida o seu pasado rural e agrario do que estamos moi orgullosos".

Por último, tamén se está a facer unha "posta a punto" do albergue municipal de Ordelles para acoller proximamente actividades xuvenís.

O rexedor avanza que nas vindeiras semanas anunciará máis obras, que "mellorarán as nosas comunicacións e nosos recursos turísticos e deportivos".

Te puede interesar