área metropolitana

Pereiro de Aguiar ve “irrenunciable" o obxectivo do metropolitano

O novo alcalde, Luis Menor, ve "prioritaria" a implantación do transporte público metropolitano

O rexedor de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, ve "prioritaria" a implantación do transporte público metropolitano e insistitu este domingo en que é para o seu concello un "obxectivo irrenunciable". Neste senso, o novo alcalde do municipio trasladou esta necesidade tanto á Xunta de Galicia, como a Deputación e o propio Concello de Ourense, a quen lles sinalou que é "primordial" a súa posta en marcha. 

"Coido que a unanimidade das bondades do transporte metropolitano para todas as administracións implicadas facilita a posibilidade de que esta vez si sexa a definitiva e a medidad poida saír adiante en beneficio de todos", sinalou Menor, que levou no seu programa a posta en marcha dun sistema de transporte.  

Te puede interesar