EDUCACIÓN

Pereiro axuda a familias con rapaces en Infantil

OURENSE. 03.09.2014. COLEGIO PEREIRO DE AGUIAR, BEN CHO SEY, REPORTAJE SOBRE INICIO DEL NUEVO CURSO ESCOLAR CON LA VISITA DE LOS REYES DE ESPA..A. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera Colexio Ben-Cho-Shey, onde acoden gran parte de alumnos de Infantil do Pereiro.

Destinará 4.000 euros para o vindeiro curso, con 90 por cada neno

O goberno local de Pereiro de Aguiar destinará 4.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar dos alumnos de Educación Infantil no curso 2019/2020, tal e como se aprobou en xunta de goberno local. Trátase dunha axuda para as familias con nenos en 4º,5º e 6º curso de Infantil, tanto en centros públicos con en concertados.

Esta axuda está destinada ás familias con menos recursos, e o principal requisito para poder acceder a elas é non superar os 8.000 euros e renda per cápita anual.

O prazo de presentación finalizará o 30 de setembro de 2019, e as solicitudes deberán presentarse por rexistro. A contía das axudas será de 90 euros para os cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos).


Actividades estivais


O Concello de Pereiro de Aguiar organizará de novo o campamento de verán. Como todos os anos haberá dúas quendas, a primeira do 19 ao 23 de agosto para nenos e nenas que nados entre o 1/1/2008 e o 31/12/2011, e a segunda para nenos e nenas nados o 1/1/2004 e o 31/12/2007.O prazo de presentación de documentación é do 10 de xuño ao 1 de xullo (ambos incluídos).

Tamén se celebra unha Aula Concilia de verán para 60 rapaces, e que tivo unha grande acollida, xa que quedaron dous en lista de espera. Haberá diferentes quendas ata o inicio do curso escolar 2019/2020. 

Te puede interesar