velutina - ourense

Pereiro proba trampas secas contra a velutina

O sistema utiliza feromonas para atrapar ás raíñas e evitar que poñan ovos

O Concello de Pereiro de Aguiar, a través do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) está a probar un sistema de "trampas secas" contra a velutina,  omo método preventivo, que se basea en capturar as raíñas en plena época onde empezan a poñer ovos para evitar que constrúan niños, a través da atracción con feromonas.. 

Para facer este arduo traballo, o enxeñeiro e os membros do GES elaboraron un mapa, baseándose nas notificacións de aparición de niños en anos anteriores, e neses puntos estanse a colocar as trampas, para evitar a súa expansión.  

Nas vindeiras semanas comezarán a revisar as trampas para comprobar a súa efectividade. No caso de que, como esperan, teña efecto na loita contra a velutina, queren levar este modelo de prevención contra esta praga a outros concellos nos que o GES ten influencia. 

"Sería positivo que funcione non só no noso concellos, senón nos outros, así evitariamos ter que ir quitar niños e os recursos do GES poderíans empregar para outras emerxencias", sinala Manuel Doval, tenente de alcalde de Pereiro. 

Ata o de agora, colocaron máis de 20 trampas ao longo do municipio, empregando o mapa elaborado para tal fin. O sistema da trampa que se está a empregar no Pereiro funciona con feromonas de alarma , para atraer ás raíñas, que quedan posteriormente atrapadas. "Os outros insectos que poden entrar na trampa pode, sen embargo, escapar, xa que hai unha reixa pola que poden saír, pola que non colle unha velutina", indica Doval.


Plan preventivo


O obxectivo é plenamente preventivo, xa que "se desaparece a raíña, xa non haberá niño", e á vez innovador, xa que estas trampas son totalmente secas, non empregan líquidos, como as que usan moitos particulares. 

 De momento, os técnicos do GES están case seguros de que funcionará, aínda que Doval insiste en pedir aos veciños que se localizan un niño "non se acerquen, e chamen ao GES" mentres non se consegue acabar con todos os niños. 

Te puede interesar