Pereiro e San Cibrao crean un rueiro virtual propio

photo_camera Los concellos de Pereiro de Aguiar y San Cibrao das Viñas terminaron de colocar las placas identificativas con los números municipales, un trabajo que ha sido realizado durante los meses de junio y septiembre, colocando un total de 8.034 placas.
Repartidores, servicios sanitarios e particulares poden atopar dende hoxe calquera vivenda ou negocio do Pereiro e San Cibrao. Unha aplicación pioneira en xeolocalización colocou máis de 8.000 placas identificativas de cada inmoble.


Dende hoxe non hai ningunha dirección imposible de atopar en Pereiro e San Cibrao. Ambos municipios desenvolveron unha aplicación pinoneira de xeolocalización de todos e cada un dos inmobles de ambos os municipios; en total colocáronse 8.034 placas físicas (3.585 en San Cibrao e 4.449 no Pereiro que están asociadas a unha localización web) para chegar nun clic a calquera dirección destes concellos.

Este proxecto, que custou preto de 140.000 euros, fai que “pasemos de ter unha eiva a ser pioneiros”, indicou o rexedor de Pereiro, Luis Menor. Pola súa banda, Pedro Fernández, alcalde de San Cibrao, destacou a “sustancial mellora” que esta iniciativa aportará tanto a profesionais como a particulares. O proceso de creación, “en tempo récord”, constou de varios pasos: crear unha cartografía actualizada, homexeneizar a numeración e posteriormente desenvolver o visor web. Esta ferramenta está dispoñible nas páxinas web dos municipios e funciona dun xeito moi similiar a “Google Maps”. O usuario introduce unha dirección aproximada e a aplicación calcula a ruta máis adecuada para chegar ao destino seleccionado. Os creadores desta aplicación indican que a cartografía foi enviada tanto ao Catastro como a Google ou mesmo aos servizos de emerxencia ou paquetería, que poderán desenvolver con máis eficacia o seu traballo.

Cada un dos máis de 12.000 veciños de ambos concellos recibirán nos próximos días na súa casa unha carta na que se lles explica o funcionamento desta ferramenta -dispoñible tanto para ordenador como para móbil-, na que irá incluído un código QR que os levará directamente ao visor da ferramenta, concretamente á ubicación exacta da súa vivenda ou negocio.

Os creadores da aplicación subliñaron tamén como unha das potencialidades que “pódense engadir cantas capas se queira”. Como exemplo, indicou que podería facerse unha foto dunha luminaria que non funciona e que o concello soubese inmediatamente onde se atopa para poder reparala no menor tempo posible. Outra posible aplicación será engadir todos os recursos turísticos de ambos concellos. 

Te puede interesar