concello - peroxa

A Peroxa aproba un orzamento de 1,2 millóns en 2019

As contas,similares ao ano pasado, mostran un maior gasto en persoal e unha caída do investimento 

O Concello da Peroxa xa ten orzamentos en vigor para este 2019, logo de que fosen refrendados no derradeiro pleno do anterior mandato, e veña de ser publicado no Boletín Oficial da Provincia. O gasto do municipio ascenderá a 1.204.500 euros, na mesma liña que as contas do ano anterior, e tamén practicamente idéntica á cifra dos orzamentos aprobados no 2016. 

As partidas para os diferentes investimentos non dependen exactamente do que reflicte o orzamento, xa que co superávit véñense facendo investimentos a través de modificación de crédito aprobadas en pleno. Unha das partidas que aumenta en maior proporción é o gasto en persoal, que pasa de 433.000 a 469.000 euros respecto ao 2018, segundo se reflicte no documento definitivo. Os investimentos reais caen desde 103.000 a 78.000 euros,.

Xunto ao orzamentos, publicouse o cadro de persoal do Concello, que inclúe unha praza de interventor, un auxiliar administrativo (e outra vacante) e 13 prazas de persoal laboral actualmente ocupadas. Ademais, na actualidade hai se prazas que se atopan vacantes. 


Apertura da piscina


O Concello da Peroxa abriu as piscinas municipais para esta temporada de verán o pasado 29 de xuño. O horario deste recinto serán durante todos os días de 14,30 a 20,30 horas. 

Te puede interesar