A Peroxa remata a ampliación da zona do Campo do Amparo

Ampliación do merendeiro de A Peroxa.
photo_camera Ampliación do merendeiro de A Peroxa.

A obra, realizada polo concello en colaboración coa Consellería de Medio Rural, contou cun investimento de case 40.000 euros

Os veciños da Peroxa xa poden desfrutar da ampliación do Campo do Amparo, unha obra realizada pola Consellería de Medio Rural en colaboración co goberno municipal. O proxecto, valorado en case 40.000 euros e rematado esta misma semana, consistiu na extensión do espazo que ocupa o merendeiro, o que permitiu aumentar o aforo e darlle un uso como lugar social. A obra tamén incluíu a construción unha nova ala do edificio mediante a ampliación do muro de pedra orixinal. 

Cohesión social

A intervención realizada na Peroxa busca mellorar a calidade e condición de vida da poboación, segundo resaltan dende a Consellería de Medio Rural, potenciando e estimulando o “arraigo” desta sobre o territorio que habita, o que axuda a cohesión da vida social nos entornos de tipo rural. 

O Campo de Amparo é un complexo que conta cun merendeiro rodeado dun amplo espazo natural de vexetación autóctona. O edificio data de finais do século XIX e ten un papel moi importante na vida social do concello. Nesa liña, o obxectivo deste proxecto de ampliación é mellorar o acceso da poboación ao campo (sobre todo, a de maior idade) e incrementar o aforo, para favorecer a súa utilización por parte dos veciños.n 

Te puede interesar