CONCELLO

A Peroxa terá unha aula de conciliación no colexio

Fóra do horario lectivo os nenos estarán con persoal especializado para a súa atención e para impartirlles distintas actividades de ocio e formativas 

O Concello de A Peroxa amosou a intención de poñer en marcha un programa de conciliación no colexio para que os pais dos rapaces poidan ter unha mellor calidade de vida. Así llo transmitiu o goberno municipal á Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Roberto Blanco Torres nunha reunión celebrada esta semana. 

O Concello quere poñer en marcha un programa de conciliación xa durante este e vindeiros cursos, para que poidan levar os nenos ao colexio dende a primeira hora da maña ata a última da tarde, e así facilitar a coexistencia da vida familiar e laboral. 

Durante este periodo, fóra do horario lectivo os nenos estarán con persoal especializado para a súa atención e para impartirlles distintas actividades de ocio e formativas. 

As persoas que desexen ter máis información deste programa de conciliación poden poñerse en contacto cas oficinas municipais do Concello. 

Te puede interesar