Campus de Ourense

Persoal da UVigo forma sobre o cambio climático

Una niña hidratándose el último martes ante el calor. MIGUEL ÁNGEL
photo_camera Una niña hidratándose el último martes ante el calor. MIGUEL ÁNGEL
Os estudantes de secundaria recibiron o proxecto multidisciplinar “coñecendo o clima local” nas aulas 

O persoal investigador do grupo EphysLab (Environmental Physics Laboratory-CIM) e da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense deseñou e aplicou un programa de actividades para traballar as ciencias atmosféricas dun xeito multidisciplinar e transversal nas aulas, co reto último de fomentar a conciencia ambiental nas novas xeracións. A iniciativa ten como motivo divulgar á comunidade educativa e á sociedade en xeral sobre a problemática do cambio climático presentando liñas de actuación individuais e comunitarias que promovan a preservación dos recursos hídricos. 

Con este obxectivo desenvolveuse o proxecto “Coñecendo o clima local: un soporte para a concienciación medio ambiental na Educación Secundaria”. Froito do proxecto desenvolvéronse diferentes propostas didácticas para integrar as ciencias do clima no currículo de Educación Secundaria Obrigatoria de maneira transversal en diferentes materias como Matemáticas, Programación, Tecnoloxía e Ciencias Experimentais, e rematan deseñando a fabricación dunha estación meteorolóxica. “Desenvolven habilidades STEAM e adquiren unha maior conciencia medio ambiental”, expresan  as responsables da iniciativa.

Te puede interesar