verano

As piscinas de Monterrei avanzan pasos para abrir

Piscinas de Monterrei, en Pereiro de Aguiar (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Piscinas de Monterrei, en Pereiro de Aguiar (ÓSCAR PINAL).

A Xunta saca a concurso a xestión e mantemento do complexo acuático

As piscinas de Monterrei (Pereiro de Aguiar) poderán abrir ao inicio do verán, como o ano pasado, se se mantén o procedemento seguido daquela, xa que a Xunta vén de licitar na mesma data a xestión e o mantemento do complexo acuático. Desta volta, vén de aumentar o orzamento de licitación do servizo de limpeza e mantemento, logo de ter detectado en 2018 "diversas deficiencias  na prestación do servizo, mermando a calidade da mesma". 

O ano pasado, o servizo foi de 81.000 euros, pero nesta ocasión a Fundación Deporte Galego subiu ata 101.000 o orzamento, é dicir, 20.000 euros máis para evitar contratempos. De feito, o ano pasado, a única empresa que se presentou rebaixou a oferta e presetou o servizo por tan só 66.000.

En canto á xestión do recinto, tamén se aumenta a partida en 14.000 euros, ata chegar a un precio de licitación de 86.000 euros., ao verse necesitado de máis persoal, tras algunhas deficiencias detectadas na campaña pasada pola Inspección de Sanidade, segundo se recolle nos pregos de contratación. 


Mesmo horario


O horario de atención ao público do complexo acuático de Monterrei será de 12,00 a 21,00 horas, ao igual que o ano pasado, haberá cinco socorristas en horario de máxima afluencia (de tres a oita da tarde) e tres no resto de franxas horarias. 


O Parque Tecnolóxico agarda abrir as instalación o 1 de xuño


A vindeira campaña de verán, a oferta de piscinas públicas ampliarase por fin na área metropolitana, logo de catro anos orfos dun dos grandes complexos. É o caso do Parque Tecnolóxico, no concello de San Cibrao das Viñas, que reabre as súas instalacións acutáticas, logo de que a Xunta acometese as obras de mellora, iniciadas o pasado mes de outubro, e que tiveron un custo de 254.000 euros. 

 A xestión destas instalacións atópase agora mesmo en plena fase de adxudicación. O obxectivo do Parque Tecnolóxico é abrilas ao público desde o 1 de xuño e ata o 15 de setembro.  O orzamento previsto ascende a 51.000 euros comprende o control de accesos, o socorrismo e a dinamización do recinto, así como a limpeza e mantemento. 

O complexo reabrirá cunha piscina de 25 metros de largo e 12,50 de ancho, dúas canchas de tenis e   unha pista polideportiva.

O horario de apertura previsto na Tecnópole é o mesmo que o do complexo de Monterrei: de 12,00 a 21,00 horas entre o 1 de xuño e o 15 de agosto; e de 12,00 a 20,00 horas ata o 15 de setembro. 

A partir de agora, e antes da apertura, a empresa adxudicataria deberá acondicionar este espazo e todas as pistas deportivas. 

Te puede interesar