O Plan da rede viaria remata
a súa avaliación ambiental

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou onte o procedemento de avaliación ambiental extratéxica do “Plan sectorial da rede viaria de Ourense e a súa área de influencia”, coa publicación onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) da memoria ambiental.

O Plan sectorial, que beneficia a 10 concellos (Ourense, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne de Allariz, Taboadela, Barbadás, Toén, Coles, Amoeiro e Punxín), contempla o desenvolvemento de varias actuacións co fin de acadar mellores interconexións coas principais vías de comunicación existentes e acadar un sistema de transporte na área metropolitana eficaz.

Cumprindo este obxectivo as actuacións centraranse na adecuación funcional da rede de estradas ao incremento da mobilidade e do tráfico, a mellora da seguridade definindo accións preventivas en todos aqueles tramos con perigosidade potencial, o reforzo da accesibilidade ás zonas máis periféricas e a mellora global da rede de estradas coa creación de itinerarios alternativos aos grandes eixes viarios do ámbito.

O Plan contempla máis de 40 actuacións que implican actuar en preto de 240 quilómetros de vías. En termos de investimento supoñen un orzamento de máis de 194 millóns de euros, divididos uns 169,1 millóns aproximadamente para nova obra, acondicionamento e mellora da rede; e uns 25 millóns para os programas complementarios.

ademais de valorar as medidas axeitadas para minimizar ou corrixir os posibles efectos que poda ter o mesmo.

Entroutros aspectos, a memoria recolle que o ámbito das actuacións previstas non se localiza en ningún espazo incluído na Rede galega de espazos protexidos nin na Rede Natura 2000.

Te puede interesar