plataforma pro-capd | ourense

Os pais rexeitan o proxecto do centro para as persoas discapacitadas maiores de 21 anos

Os voceiros da plataforma insisten en que "esta instalación proxectada non cubre todas as necesidades, non é 100% como se había falado. Sentímonos enganados polo conselleiro"

Os voceiros dos pais da plataforma Pro-CAPD, Pedro Domínguez e Elena, que loitan pola creación dun centro que garantice as necesidades educativas das persoas con discapacidade maiores de 21 anos que rematen a súa formación no Centro Especial Miño de Velle, rexistraron esta mañá un escrito na Delegación Territorial da Xunta para amosar o seu rexeitamento ao proxecto presentado polos técnicos xa que aseguran que non responde as necesidades plantexadas e que se sinten enganados polo conselleiro. Aseguran que non queren un centro ocupacional, senón un centro terapéutico. 

Elena afirmou que "o problema do edificio non é, senon que o problema é que hai que invertir. Hai que ampliar, hai que facer planchadas. Hai que facer as cousas dende o principio ben". Asegurou tamén que rexeitan este proxecto porque "porque teñen que facer outro xa que este proxecto non sirve". Entre as cousas diferentes que ten que haber no novo proxecto, a voceira afirma "na memoria dese proxecto ten que figurar un convenio coa Conselleria de Educación para que a cociña se poda utilizar polo centro" xa que se pregunta: "Cómo lle van meter un catering aos nosos nenos?" "Nos esiximos que tamén, na memoria do proxecto, se o van a cambiar e que se van facer un centro ocupacional nós non o queremos porque os nosos rapaces non poder ir", insistiu. 

Sobre os problemas deste proxecto, Pedro Domínguez, explicou que "O problema co que nos atopamos e que nos pedimos que fora 100% público e nese proxecto non está contemplada a cociña, non esta contemplado a lavandería...". 

Te puede interesar