Tres poetas dan un recital nas xornadas 'Por un Ribeiro poético'

Onte celebrouse en Ribadavia o segundo recital poético dentro da iniciativa 'Por un Ribeiro Poético: III xornadas literarias Xosé Carlos Gómez Alfaro', que se iniciaba o pasado venres.
Para o recital poético de onte foron invitados Víctor Viñal, Belen de Andrade e Jaime Moreda, desenvolvéndose no Centro Social Igrexa da Magdalena situada en pleno barrio xudeu, no casco histórico de Ribadavia. Segundo declarou Jaime Moreda, 'para estas III xornadas literarias contamos co patrocinio de Bodegas Docampo e coa colaboración do Concello de Ribadavia.

Durante a xornada do venres contouse con poetas galegos e portugueses como Cruz Martínez, Fernando Rodríguez Carpizo, José Manuel Barbosa e Jaime Moreda, entre outros participantes.

Te puede interesar