Ourense

O PP apoia a Escola de Idiomas

Ourense

MUNICIPALES / OURENSE

O PP apoia a Escola de Idiomas

Jesús Vázquez acudiu á Escola Oficial de Idiomas de Ourense para colaborar co proxecto europeo

Jesús Vázquez acudiu á Escola Oficial de Idiomas de Ourense para colaborar co proxecto europeo que están desenvolvendo neste centro representantes de institucións educativas de Finlandia, Grecia, Tur- quía e España. As coordinadoras finlandesas deste proxecto europeo, consistente na realización dunha avaliación externa da calidade da educación nos centros educativos europeos, invitaron a Vázquez en calidade de experto en materia educativa e como continuación dos contactos previos que xa mantiveran con él durante a súa etapa como Conselleiro de Educación. Aproveitando a coxuntura da súa candidatura á alcaldía de Ourense, os re- presentantes da delegación turca lle transmitiron o desexo da Alcaldía da Balikesir de establecer unha colaboración permanente entre ambas capitales de provincia e lle fixeron entrega dun libro no que se documenta a vocación internacional desta cidade turca.