Política

O PP de Barbadás propón 43 medidas contra a crise do coronavirus

BARBADÁS (CASA DO CONCELLO). 15/01/2018. OURENSE. Pleno ordinario del Concello de Barbadás. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Consuelo Vispo, portavoz do PP de Barbadás. (FOTO: ÓSCAR PINAL)
Entre as propostas dos populares atópanse axudas ás familias, protocolos na administración local e unha "fronte común" na vida política municipal

O Partido Popular de Barbadás lanzou unha batería de 43 medidas para axudar a minimizar o impacto da crise xerada pola pandemia no municipio. A portavoz do PP Consuelo Vispo, presentará este paquete de propostas ao goberno local, co obxectivo de que a crise "non nos faga máis dano que a pandemia".

O primeiro obxectivo é "salvar vidas", explica Vispo, e despois, garantir a "calidade de vida" dos veciños, para o cal o PP pide a suspensión temporal de axudas para fins que non sexan esenciais ou achegas a pequenas e medianas empresas e autónomos de 500 euros.

Entre as propostas dos populares atópanse axudas ás familias, protocolos na administración local e unha "fronte común" na vida política municipal, continuando a senda de "lealdade institucional" trasladada polo PP desde o inicio da pandemia.

"Agora máis ca nunca debemos camiñar xuntos, facer unha fronte común e establecer a máxima colaboración", dixo Vispo, quen advirte de que hai que facelo "sen deterse e sendo consecuentes coa realidade da poboación". Para iso, piden, entre outras medidas, un plan de continxencia fiscal, destinar o superávit en exclusiva a paliar os efectos da crise ou a suspensión de gastos non esenciais como subvencións que non estean vinculadas a garantir emprego, sanidade, seguridade, alimentación ou vivenda. Tamén se piden axudas directas de 500 euros a empresas e autónomos ou reducir as taxas ao 50%.

Te puede interesar