O PP de Chandrexa reelixe presidente a Francisco Rodríguez

O PP de Chandrexa de Queira reelexiu a Francisco Rodríguez Rodríguez como presidente comarcal, no decurso do Congreso Local do partido que tivo lugar na Casa de Cultura daquela localidade. A candidatura liderada por Francisco Rodríguez foi a única que se presentou e acadou a unanimidade dos compromisarios que participaron na votación.
Francisco Rodríguez amosous moi agradecido pola súa reelección e manifestou durante a súa intervención que o seu compromiso para os vindeiros anos estará baseado 'no traballo intenso e incansable a prol dos veciños desde municipio'.

O presidente provincial, Manuel Baltar, foi o encargado de clausurar o congreso e na súa intervención sinalou as palabras do reelexido presidente local e recalcou que 'a base da política é falar e sobre todo, escoitar á xente, sobre todo en tempos tan duros e complicados'.

Te puede interesar