CONCELLO DE OURENSE

O PP logra que regrese o teletraballo ao Concello

Miguel Ángel Michinel, Cooperación, Administración Electrónica y P. Europeos
photo_camera Miguel Ángel Michinel, Cooperación, Administración Electrónica y P. Europeos
O PP salientou que os funcionarios “recuperan o teletraballo grazas ao traballo rigoroso do grupo municipal popular”

O goberno local publicaba esta semana unha circular informativa na que cancelaba a suspensión de autorizacións de teletraballo para traballadores municipais. Tras esta nova, o PP salientou que os funcionarios “recuperan o teletraballo grazas ao traballo rigoroso do grupo municipal popular”. Miguel Ángel Michinel manifestou que “logramos o levantamento da suspensión das autorizacións previas de teletraballo, sendo un aspecto de dubidosa legalidade”. Tamén atribuíu á “presión do PP” a retirada doutra disposición transitoria contraria aos dereitos laborais. “Agora, o ideal sería que o alcalde traballe e aprobe unha RPT”, engadiu.

Por outra banda, a Xunta de goberno deu luz verde onte aos expedientes para crear un sistema de elevación vertical que conecte a avenida de Marín e a avenida de Santiago e a reforma da avenida de Portugal desde Vila Valencia ata Marcelo Macías. 

Te puede interesar