Rexistrou hoxe o escrito de personación, ademáis de aportar máis documentación referente ao caso

O PP ourensano persóase como acusación na causa aberta sobre asistencias técnicas no Concello

 (Foto:  )
O grupo municipal do PP rexistrou esta mañá no Xulgado de Instrucción número 1 de Ourense o seu escrito de personación para erixirse coma acusación na causa xudicial aberta nestes momentos e que está a investigar a contratación de asistencias técnicas no Concello de Ourense, despois dunha denuncia conxunta dos sindicatos CIG e USO, que ratificaron o pasado 9 de xaneiro.

Así o anunciou o portavoz popular, Rosendo Fernández, diante do Pazo de Xustiza tras entregar a personación neste procedemento xudicial. Acompañado polos concelleiros Mónica Mourelo e José Luis Valcarce, Rosendo Fernández explicou que: 'Como grupo maioritario desta Corporación, personámonos como acusación neste procedemento para dar a coñecer ao xuíz novos e máis feitos relacionados coas asistencias técnicas'.

En relación coa nova documentación entregada ao xuíz, Fernández sinalou que tras as sentenzas que causaron a contratación indefinida e ata cincos persoas o alcalde e a concelleira de Urbanismo realizaron unha nova asistencia técnica en materia de urbanismo por un importe mensual periódico de 2.057,00 euros, co correspondente reparo da intervención municipal.

Ademáis, a través da figura de asistencia técnica, encárgase tamén a defensa xurídica da Concellería de Urbanismo de forma exclusiva a un despacho profesional de A Coruña, “Antas Hernández S.C' formado entre otros por Carlos Hernández, abogado que fora o primeiro en asistir ao ex alcalde no primeiro día da súa detención pola Operación Pokemon.

Segundo os datos que di ter o PP e que incorporou hoxe ao xuiz xunto co mencionado escrito de personación, dende o ano 2007 o Concello de Ourense pagou 151.111,46 € a este despacho de abogados a pesar de contar na súa plantilla con: 1 asesor xurídico, 1 asesor xurídico adxunto, 1 viceasesor, 1 letrado xefe e 2 letrados asesores.

Tamén os traballos de redacción de instrumentos de planeamento urbanístico de desenrolo son realizados a través de asistencias técnicas, tal e como explican os populares e documentaron ante o xuiz instructor.

Neste caso, a empresa beneficiaria destas asistencias técnicas foi “Fernández Carballada y Asociados”, tamén de A Coruña, e que ten de forma casi exclusiva todos os encargos deste traballos facturando dende o ano 2008 un importe de 249.000,00 €.

Por último, Rosendo Fernández lembrou que o seu grupo municipal, a través dunha moción en sesión plenaria de 1 de marzo de 2013, descubrira e advertira ao alcalde do perigo das diferentes asistencias técnicas con que contaba o Concello, e que supuña, según os conservadores, unha porta de acceso 'pola porta de atrás' a traballadores que se convertían en indefinidos.

Te puede interesar