O PP quere investigar o servizo de axuda no fogar

Rosendo Fernández, portavoz municipal del PP. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
O grupo do Partido Popular na Corporación Municipal de Ourense solicitou a creación dunha comisión de investigación sobre o traballo prestado pola empresa adxudicataria do servizo de axuda no fogar.
Así o deu a coñecer onte a través dun comunicado, no que sinala que a súa proposta será incluida na orde do día da sesión plenaria que celebrará a Corporación municipal no vindeiro mes de setembro. Segundo o PP de Ourense, esta comisión estaría integrada por todos os grupos políticos e técnicos municipais e terá a finalidade de analizar o cumprimento dos servizos prestados aos usuarios por parte da empresa que desenvolve esta actividade.

Na exposición de motivos que especifican na moción os 'populares' lembran a adxudicación no mes de decembro do ano 2011 á empresa Fomento de Servicios Sociosanitarios UTE deste servicio, que consideran ten unha 'grande importancia social para os veciños' e cunha elevada dotación orzamentaria.

Daquela a empresa asumiu a prestación dunha serie de compromisos, que se recollían na memoria presentada ao concurso para a adxudicación. 'Ante as dúbidas xeradas polas sospeitas de que algúns destes servizos non se estean a prestar axeitadamente por parte da empresa adxudicataria', sinala o Partido Popular no seu comunicado, e diante 'da falta de respostas por parte do alcalde e da concelleira de Benestar Social, o grupo 'popular'adoptou a decisión de presentar esta moción para debatir no pleno municipal do vindeiro mes de setembro.


INFORME XURÍDICO

Polo que atinxe á postura do grupo de goberno do Concello ourensán fronte a este asunto, fontes do mesmo sinalan que se atopan á espera do informe que elaboran os servicios xurídicos municipais diante da solicitude de rescisión de contrato que foi presentada pola empresa que ten a concesión do Servizo de Axuda social.

A empresa (Fomento de Servicios Sociosanitarios UTE) presentou a devandita solicitude a semana pasada e basea a súa demanda no feito de que nestes momentos xa non lle resulta rendible desenvolver esta actividade xa que, segundo recollen na solicitude de rescisión de contrato, baixáronlle de xeito moi notable os ingresos, ó reducirse o número de persoas que estaban acollidos a estes servizos, unha circunstancia que está provocada fundamentalmente pola crise económica.

Mentras non se pronuncian os servicios xurídicos do concello sobre a solicitude de rescisión do contrato, a empresa concesionaria seguirá a desenvolver esta prestación entre as persoas que están acollidas á mesma.

Te puede interesar