O premio gordo do comercio será sorteado este venres

Edelmiro Pérez, co sobre. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O establecemento 'Texidos Larodry', ubicado na Praza Maior do Carballiño, agochaba o sobre co primeiro premio de 1.000 euros da campaña de Nadal promovida polo Centro Comercial Aberto da vila.
O seu propietario, Edelmiro Pérez, amosou a súa sorpresa e satisfacción e animou ós carballiñeses a 'seguir mercando no comercio local'. Este premio 'gordo' será sorteado entre os clientes o vindeiro venres, ás 11.30 horas, e tamén haberá outro sorteo para dous premios de 500 euros e 10 de 100 euros, que serán canxeables por vales de compra.

Te puede interesar