PREVENCIÓN E SEGURIDAD LABORAL

Previsel aborda en Ourense a saúde laboral dos traballadores

Presentación das xornadas de Previsel en Expourense, este luns (Martiño Pinal).
photo_camera Presentación das xornadas de Previsel en Expourense, este luns (Martiño Pinal).
A edición 2024 de Previsel contará con 33 expertos en seguridade e prevención durante os días 13 e 14 de marzo

Previsel é a única cita en Galicia centrada en exclusiva na formación especializada en prevención e seguridade laboral impartida por expertos na materia. A súa 17ª edición foi presentada onte pola mañá  por representantes das entidades vencelladas coa súa organización. Participaron o deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o xefe do Centro ISSGA de Ourense, Ángel López; o representante de Tesgalicia, Santiago Moreno Covelo e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

O evento ten previsto producirse os días 13 e 14 de marzo e teñen programadas máis de 30 actividades que teñen o obxectivo de insistir na necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos ou de enfermidades. Promocionarán tamén as boas prácticas que garantan a saúde laboral dos traballadores e traballadoras.

Programa

Tanto os profesionais como o público xeral que asistan ás xornadas de Previsel atoparanse dúas áreas: exposición e xornadas técnicas. En total, esta cita  contará cunha trintena de participantes procedentes de Galicia na súa meirande parte, aínda que nesta edición se incorporan como expositores empresas especializadas en seguridade laboral de fóra da nosa comunidade como Prevor, Mapa Professional ou Mundo Carretilla.  Tamén destaca a presenza en feira de asociacións e federacións sectoriais, sindicatos e servizos de prevención, seguridade e emerxencias.

Pola súa parte,  o Instituto de Saúde e Seguridade Laboral de Galicia, ISSGA, volve apostar por Previsel como plataforma de promoción da cultura preventiva. Na primeira xornada do salón, mércores 13 de marzo, impartirán un seminario sobre a prevención do risco químico nas tarefas de manicura profesional e tratamentos para pestanas en salóns de peiteado e estética. Ao día seguinte, o ISSGA impartirá outra xornada centrada na prevención de riscos laborais en augas minerais e termais. Como é habitual, a Confederación Empresarial de Ourense, CEO; participará como expositora e a actividade coñecida como “Grafitiarte” e traballará a cultura preventiva a través do graffiti.n

Te puede interesar