Programa contra a violencia de xénero nas escolas de Carballiño

A concellería de Igualdade do Carballiño inicia o próximo luns un programa escolar de concienciación e prevención da violencia de xénero nos centros educativos da vila e dirixido ós alumnos de primeiro de Secundaria. A detección por parte do profesorado do aumento deste tipo de violencia entre os adolescentes motiva esta iniciativa que seguirá a técnica de dinámicas grupais con un número reducido de rapaces. O programa continuará no próximo ano cos mesmos alumnos e os novos que se incorporen a primeiro da ESO.
A concelleira, Purificación Alberte, declarou que o Centro de Información da Muller ten abertos 100 expedientes por maltratos dende o 2007. No pasado ano abríronse 18, dos que 16 formalizaron denuncia.

Te puede interesar