EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
En cada recuncho da provincia de Ourense celebrouse o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Francisco Fernández del Riego. Xa sexa presumindo de lingua, cunha bandeira galega, cun paseo pola natureza ou dunha maneira máis institucional: numerosos actos coparon as principais vilas de Ourense, con baile tradicional, concertos, obras de teatro ou galas músico-literarias.
Na comarca de Monterrei, Verín foi o epicentro dos eventos coa tradicional gala músico-literaria na que se recitaron os poemas gañadores do certame de poesía Xosé Carlos Caneiro e se leron os relatos gañadores do certame de relato curto Antonio Fernández. A cita non faltou o alumnado do Conservatorio de Verín, que encheu o Auditorio de música. Na comarca veciña de Conso-Frieiras, A Gudiña celebrou a festividade con contacontos e foliada, mentres que Viana desfrutou do espectáculo “Contos, cantos e poemas” de Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa.
Xinzo de Limia acolleu o acto de entrega dos premios do VII Concurso literario de narrativa curta e dos concursos de debuxo da Fundación Carlos Casares, así como a presentación da nova edición en ucraíno de “A Galiña Azul” de Casares.
Pola súa banda, na comarca de Valdeorras a actividade literaria xa leva uns días en marcha. Hoxe, en A Rúa houbo unha exposición de libros, ademais do concerto “Galicia Nai”. En Córgomo (Vilamartín) homenaxearon ás Letras cunha feira de produtos tradicionais, mentres que en O Barco os cativos desfrutaron dun contacontos no Teatro Lauro Olmo.
Tamén Trives festexou por todo o alto o día da lingua:con música da man da banda de gaitas Os Trintas de Trives, os pandereteiros Os do Fondo da Barra e o grupo Orfeón trivés acompañado dun recital. Unha xornada cargada de música para amosar o poder do galego e da súa cultura. Os festexos tamén chegaron a Allariz, onde os cativos e maiores gozaron dun espectáculo de Xoán Curiel, “Cantando as nosas letras”.
Por suposto, Ribadavia non faltou á cita cun día cargado de eventos.O grupo de baile e música tradicional Sadeo -que actuou ao mediodía na Praza Maior- abriu o acto de conmemoración do 50 aniversario da I Mostra de Abrente. Os cativos tamén tiveron o seu espazo coa obra de teatro “A teima de Xoana” de Valparaíso e “A escola de Dona Lola” de Anaquiños de Francelos.
A provincia culmina o 17 de maio cos actos máis amplos, aínda que durante toda a semana hay numerosas vilas que teñen organizados descontos ou agasallos de libros para impulsar a lingua e dinamizar a lectura en galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último