Infografía | Francisco Fernández del Riego, 60 anos celebrando a lingua galega
No 60 aniversario da celebración do Día das Letras Galegas, a Academia e toda Galicia rinde homenaxe a un dos xestores desta celebración. O nome de Francisco Fernández del Riego aparece rexistrado en gran parte das iniciativas culturais que veñen abrindo espazos de visibilización da cultura galega dende a década dos trintas
Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, foi editor, orador, conferenciante e colaborador das cabeceiras de prensa máis importantes de Galicia, foi tamén un prolixo creador en lingua galega: ensaios culturais, manuais de historia da literatura galega, escolmas de poesía galega, antoloxías da literatura universal, un dicionario de escritores en lingua galega, un vocabulario castelán-galego, libros de viaxes e de memorias, epistolarios, relatos curtos e unha novela, contan como legado deste loitador e divulgador da cultura galega dende os tempos da República.
Quen é Francisco Fernández del Riego?
Nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913, no seo dunha familia de comerciantes. É o primeiro fillo dun total de 11. Empeza os estudos na escola unitaria de Vilanova e despois ingresa no Colexio dos Escolapios, en Monforte de Lemos. Empeza a publicar os primeiros escritos na revista escolar e no semanario Vallibria.
- En 1930 trasládase a Madrid para estudar Dereito. Alí participa nas asembleas da Federación Universitaria Escolar (FUE) e únese a causa do galeguismo.
- En 1931, celebra en Lourenzá o Día de Galicia pronunciando un discurso e izando a bandeira galega no balcón do concello.
- Trasládase a Compostela coa súa familia. Remata os estudos de Dereito e inicia Filosofía e Letras. Defende a galeguización da Universidade. Entra no Seminario de Estudos Galegos e colabora en Nós, A Nosa Terra e noutros xornais e revistas. Ingresa no Partido Galeguista.
- En 1934 empeza a dar clases na facultade de Dereito, mais é inhabilitado para o ensino co inicio da Guerra Civil. Para salvar a súa vida, enrólase no exército.
- Ao rematar a guerra, queda a vivir en Vigo, e empeza a traballar con Valentín Paz-Andrade. Encárgase da revista Industrias Pesqueras e dá clases de forma extraoficial nos colexios Mezquita e Labor. En 1940, casa con Evelina Hervella.
- En 1947 é apresado por dirixir a Unión de Intelectuales Libres (UIL) galega, imputacións que rexeita, mais permanecerá recluído e incomunicado ao longo de dúas semanas.
- En 1949, publica a súa primeira obra Cos ollos do noso esprito en Arxentina. É correspondente do Centro Galego de Buenos Aires, coordina os programas semanais en galego da BBC e colabora co xornal La Noche.
- En 1950 participa de forma decisiva na fundación da emblemática Editorial Galaxia e comprometese coa restauración cultural da posguerra.
- Ao retorno dunha viaxe realizada a Buenos Aires en 1954, detéñeno na súa casa de Vigo e ingrésano no cárcere da Parda como único preso político da prisión. Foi deixado en liberdade sen cargos.
En 1960, é nomeado membro numerario na Real Academia Galega, dando lectura ao discurso titulado ‘Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores’. Será un dos xestores da celebración do Día das Letras Galegas.
- Ese mesmo ano dirixe a revista Grial xunto con Ramón Piñeiro. En 1963, Participa na fundación do Partido Socialista Galego, na clandestinidade e é peza fundamental na creación e dirección da Biblioteca Penzol. Dóalle á cidade de Vigo a súa biblioteca e a súa colección artística, para a Casa Galega da Cultura, a sede da Fundación Penzol, da que é director e onde traballa a cotío na última etapa da súa vida.
- En 1997 é nomeado presidente da Real Academia Galega, cargo no que permanece ata 2001. A lingua galega se abre aos investigadores e se achega á sociedade.
- Na Cidade Olívica fina en 2010, con 97 anos de idade. En 2022, a Real Academia Galega acorda dedicarlle o Día das Letras Galegas 2023.
As súas obras máis salientables
Francisco Fernández del Riego é autor dunha extensa obra. A súa obra consta de máis de 150 monografías, traballou como prologuista, editor literario ou tradutor en case un cento de títulos e asinou máis de 4.000 colaboracións en publicacións periódicas.
Monografías
- Cos ollos do noso esprito. Buenos Aires: Alborada, 1949.
- Danzas populares gallegas. Buenos Aires: Ediciones Galicia, 1950
- Historia de la literatura gallega. Vigo: Galaxia, 1951.
- Galicia no espello. Buenos Aires : Galicia, 1954.
- Escolma de poesía galega. IV, Os Contemporáneos. Vigo: Galaxia, 1955.
- Escolma de poesía galega. III, O Século XIX. Vigo: Galaxia, 1957.
- Un país e unha cultura. A idea de Galicia nos nosos escritores. A Coruña: Real Academia Galega, 1973.
- Letras do noso tempo. Vigo: Galaxia, 1974.
- Do dezanove aos continuadores. Antoloxía de poesía galega. Vigo: Galaxia, 1976.
- Antolín Faraldo: un precursor. Vigo: Grafinsa, 1978.
- Vocabulario gallego-castellano. Vigo: Galaxia, 1979.
- Do posmodernismo aos novos. Vigo: Galaxia, 1981.
- Vicente Risco : escolma de textos. A Coruña : Real Academia Gallega, 1981.
- Ánxel Casal e o libro galego. Sada: Ediciós do Castro, 1983.
- Pensamento galeguista do século XIX. Vigo: Galaxia, 1983.
- Pensamento galeguista do século XX. Vigo: Galaxia, 1983.
- As peregrinacións xacobeas. Vigo: Galaxia, 1983.
- Escritores de Portugal e do Brasil. Sada: Ediciós do Castro, 1984.
- O señor da Casa Grande de Cima de Vila. Trasalba (Ourense): Padroado Ramón Otero Pedrayo, 1988.
- Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro, 1990.
- O río do tempo. Unha historia vivida. Sada: Ediciós do Castro, 1990.
- Álvaro Cunqueiro e o seu mundo. Vigo: Ir indo, 1991.
- Eduardo Blanco Amor. Emigrante e autodidacta. A súa vida literaria. Vigo: Ir indo, 1992.
- O cego de Pumardedón. Vigo: Ir indo, 1992.
- Eduardo Blanco Amor : escolma de textos. A Coruña : Real Academia Galega, 1993.
- Galicia. Vigo: Xerais, 1994.
- Luís Seoane desde a memoria. Sada: Ediciós do Castro, 1994.
- A xeración Galaxia. Vigo: Galaxia, 1996.
- A pesca galega de mar a mar. Sada: Ediciós do Castro, 1998.
- A pegada das viaxes. Vigo: Ir indo, 2000.
- Portugal norteño. Vigo: Caixanova, 2000.
- Con Pondal en Bergantiños. Sada: Ediciós do Castro, 2001.
- Vigo sentimental. Vigo: Caixanova, 2001.
- O padre Sarmiento en Galicia. Vigo: Galaxia, 2002.
- Camiño andado. Vigo: Galaxia, 2003.
- Lourenzá. Sada: Ediciós do Castro, 2004.
- Palabras a eito. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
- Por terras portuguesas. Vigo: Caixanova, 2005.
- EPISTOLARIOS
- Epistolario a Francisco Fernández del Riego. Ricardo Carballo Calero; edición de Dolores Vilavedra e Montserrat Pena. Vigo: Galaxia, 2006.
- Carta ao meu amigo: epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego: 1949 -1961; limiar de Francisco Fernández del Riego, edición de Dolores Vilavedra. Vigo: Galaxia, 2003.
- Cartas a Francisco Fernández del Riego sobre a cultura galega. Manuel Rodríguez Lapa; edición de Tiago Vidal Figueroa. Vigo: Galaxia, 2001.
- Un epistolario de Ramón Piñeiro. Vigo: Galaxia, 2000.
Obras inéditas
- Diario de guerra. Vigo: Galaxia, 2023.
- Memorias do París literario. Vigo: Galaxia, 2023.
Edicións póstumas e reedicións
- A xeración Galaxia. Vigo: Galaxia, 2023.
- Camiño andado. Vigo: Galaxia, 2023.
- Galicia. Vigo: Xerais, 2023.
- Loitando pola Galicia que non foi. Artigos e conferencias. 1932-1936. Vigo: Galaxia, 2023.
- Lourenzá. Vigo: Galaxia, 2023.
- O río do tempo. Unha historia vivida. Vigo: Galaxia, 2023.
- Compostela, póla florida. Vigo: Galaxia, 2023.
- Con Pondal en Bergantiños. Vigo: Galaxia, 2022.
Galardóns e recoñecementos
- 1979: Pedrón de Ouro
- 1982 Premio vitalicio da Fundación Barrié de la Maza
- 1985 Medalla Castelao da Xunta de Galicia
- 1988 a Medalla de Ouro da cidade de Vigo
- 1988 Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo
- 1988 Inauguración da rúa Fernández del Riego en Vilanova de Lourenzá
- 1989 Colocación dunha placa na súa casa natal
- 1998 Premio Celanova Casa dos Poetas
- 2000 Inauguración dunha praza ao seu nome e máis unha escultura feita por Álvaro de la Vega na cidade de Vigo
- 2001 Medalla de Ouro de Galicia
- 2002 Nomeamento como fillo predilecto do concello de Nigrán
- 2004 Premio Laxeiro
- 2013 Doctor honoris causa pola Universidade de Vigo
- 2022 Gallego Egregio Fundación Premios da Crítica Galicia
- 2023 Día das Letras Galegas
Fuentes: Real Academia Galega, O portal da Lingua Galega, Real Academia de la Historia
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RECUPERACIÓN DEL RURAL GALLEGO
El ganado vuelve a los montes quemados: Galicia abre el pastoreo en zonas afectadas por los incendios de verano
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un camión arde en la N-541 en Boborás y obliga a cortar el tráfico