PARLAMENTO GALEGO

O PSdeG esíxelle á Xunta "medidas urxentes" ante a "nefasta previsión" da xerencia do CHUO

Noela Blanco, deputada ourensá do PSdeG, pediulle o conselleiro de Sanidade a destitución de Eloína Núñez, xerente do CHUO, pola súa "incompetencia e inacción reiterada"

A deputada socialista por Ourense no Parlamento Galego, Noela Blanco, esixiu "medidas urxentes" no Complexo Hospitalario de Ourense despois de rexistrarse un novo colapso no servicio de Urxencias.

A parlamentaria ourensá tamén reiterou a "incompetencia e inacción reiterada" de Eloína Núñez, xerente do CHUO, e a "nefasta previsión" nunhas datas nas que é habitual o pico de ingresos. Noela Blanco pediu, de novo, o conselleiro de Sanidade, Vázquez Almuíña, a destitución da xerente.

Necesidad de reforzos

A socialista apuntou á responsabilidade directa do conselleiro de Sanidade por "negar uns reforzos esencias" nestas datas do ano. E engadiu: "Os traballadores do centro son os que están a sacar adiante o CHUO co seu traballo nunhas condicións inaceptables ante a situación de parálise da súa xerencia".

Te puede interesar