O PSdeG de Leiro pide reducir o soldo e o PP non quere

O grupo municipal do PSdeG de Leiro considera que os concelleiros do PP e o alcalde están no Concello exclusivamente en beneficio propio. O portavoz socialista Manuel Rodríguez manifestou a súa sorpresa polo rexeitamento por parte do grupo popular no último pleno dunha proposta na que se instaba a unha redución das cuantías por asistencia á plenos e comisións de goberno dos concelleiros, en solidaridade coa redución dos soldos dos funcionarios e o persoal laboral do Concello, aprobada con anterioridade.
O alcalde Francisco José Fernández argumentou que xa era pouco o que cobran os concelleiros polo taballo que fan.

Te puede interesar