O PSdeG pide o arranxo de dúas estradas do concello de Leiro

Os socialistas de Leiro, a través do seu portavoz municipal Manuel Rodríguez, presentaron unha moción para que sexa debatida no próximo pleno do 26 de decembro, mediante a que solicitan que se inste a Deputación a que dentro da súa planificación de adecuación, acondicionamento, seguridade e conservación das estradas da rede provincial, inclúa con urxencia as obras na OU-0307 Leiro-Caldelas, na parroquia de Beran, e na OU-0351 San Clodio-Cuñas (Cenlle), na parroquia de San Clodio, ambas con importantes deficiencias, segundo apuntan os socialistas.
Ademáis, solicitan do pleno un acordo para que se demande da Deputación 'un informe técnico en conxunto das medidas necesarias para mellorar a seguridade viaria no pobo de San Clodio, porque as que hai hoxe en día son insuficientes', sinala a moción.

Te puede interesar