SUCESO EN EL CHUO

O PSdeG pide unha investigación sobre a última morte por violencia machista

As deputadas Laura Seara e Carmen Montón rexistraron dúas baterías de preguntas no Congreso dos Deputados co obxectivo de coñecer se a muller acoitelada supostamente pola súa parella o pasado venres

O PSdeG rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que esixe unha investigación pola última morte dunha muller por violencia machista.

A deputada socialista Carme Acuña apunta nunha pregunta parlamentaria que se produciu "un grave fallo xeneralizado de seguridade e coordinación" e anunciou que reclamará unha reunión extraordinaria da Comisión de Igualdade da Cámara lexislativa.

Tras lembrar que "o propio asasino estaba a pasar a noite precisamente ao seu lado, a pesares das sospeitas dun caso de violencia de xénero", a representante socialista demanda da Xunta que explique os protocolos de seguridade para estes casos no Hospital de Ourense, onde a muller foi apuñalada.

Na súa opinión, "a redución de investimento en materia de Igualdade e loita contra a violencia de xénero repercute nunha descoordinación máis que evidente entre os distintos actores que teñen que ter a máxima alerta contra a violencia de xénero, como son as administracións, as forzas e corpos de seguridade e os xuíces".

Te puede interesar