O PSOE acusa ao Concello de Ourense de promover “charlas negacionistas”

Concello de Ourense.
photo_camera Concello de Ourense.

O grupo municipal socialista criticou ao Concello de Ourense por promover "charlas negacionistas" sobre o cambio climático en centros educativos, contradicindo así as directrices da Xunta de Galicia e do Goberno de España

O grupo municipal socialista criticou onte que o Concello de Ourense promova “charlas negacionistas” do cambio climático en centros educativos, indo así “na liña contraria” á Xunta de Galicia e o Goberno de España en materia educativa. “Na actualidade, a loita contra as consecuencias e as causas do cambio climático e o respecto á natureza son algúns dos contidos que se abordan co alumnado en materias como Xeografía e Historia, Bioloxía ou en proxectos competenciais e de modo transversal”, sinala a edil do PSOE e docente nun centro público, Cristina Cruz.

“Non se comprende que dende o executivo local se leve a contraria con cartos públicos, máis se cabe tratándose de persoas que aínda están a conformar o seu criterio propio”, lamentou a concelleira, engadindo que non é o mesmo deixar que estas ponencias se impartan destinadas a un público adulto, que voluntariamente decida asistir, a que se faga noutros espazos como colexios.

Te puede interesar