O PSOE alerta do retraso do parque acuático de Monterrei

Estado actual de las obras del parque de Monterrei
photo_camera Estado actual de las obras del parque de Monterrei

A concelleira Luisa Bravo, do PSdeG de Pereiro de Aguiar acusa á Xunta de Galicia de empregalas como propaganda: "Será imposible que estean operativas no mes de xuño"

A concelleira Luisa Bravo, do PSdeG de Pereiro de Aguiar, denunciou onte a “preocupante situación” das obras do parque acuático do complexo de Monterrei. Bravo cualificou como “importante” o “atraso” que acumulan as obras, que asegurou “condenará á veciñanza a non ter piscinas este verán”. Acusa á Xunta de empregalas de xeito “propagandístico”, cando será “practicamente imposible que estean operativas en xuño, outro ano máis”. O Goberno galego comprometeuse a que a zona das piscinas estaría aberta este verán, anque sen fixar unha data.

As obras tiveron que ser licitadas por segunda vez a finais do ano pasado. Dende o PSOE “lamentan” as circunstancias que “obrigan ós máis de 70.000 usuarios que empregaban as piscinas a acudir a outros concellos” na época estival. 

Bravo reclama, ademais, que os aparcadoiros “deben ser executados noutro lugar porque non se chegou a un acordo cos comuneiros”.  Neste sentido, a edil defende que “en base á Lei de Montes, as expropiacións non sairán adiante”, e na súa opinión “non hai interese nunha expropiación forzosa”, xa que será un aparcadoiro xestionado por unha empresa privada. A concelleira esixe “moita máis dilixencia con este proxecto”, e recorda que “xa se cumpliron sete anos dende que foi anunciado por Feijóo”.

Te puede interesar