O PSOE de Ourense apostará por soterrar la Avenida Otero Pedrayo

Carmen Dacosta (c.), este lunes na Avenida Otero Pedrayo.
photo_camera Carmen Dacosta (c.), este lunes na Avenida Otero Pedrayo.

A cabeza de lista do PSOE por Ourense, desprazouse este luns á Avenida Otero Pedrayo onde asegurou que o soterramento da vía logrará "desconxestionar o tráfico dunha das principais arterias"

O PSdeG-PSOE apostará polo soterramento da Avenida Otero Pedrayo para lograr unha mellor “cohesión” da universidade coa cidade, rachando coa “actual situación de illamento e desconxestionando o tráfico dunha das principais arterias de entrada a cidade”, según explicou onte a cabeza lista do PSOE na provincia, Carmen Dacosta. 

Nesta línea, os socialistas sinalaron que a partir do 18F, con José Ramón Gómez Besteiro ao fronte da Xunta de Galicia, Ourense “apostará por infraestruturas que melloren as conexións, faciliten a mobilidade e permitan humanizar estes puntos da cidade”. 

Dacosta estivo onte na avenida de Otero Pedrayo comprobando de primeira man a situación desta estrada, punto neurálxico de entrada a cidade, e que foi reformada polo goberno autonómico do PP nunha obra “low cost” e “totalmente insuficiente” para responder as demandas da veciñanza. Os e as socialistas afimaron que “estamos falando dunha estrada, a OU-536 ao seu paso pola cidade, pola que circulan a diario máis de 15.000 vehículos, pois é a principal vía de comunicación cos polígonos industriais”.

Te puede interesar