O PSOE reclama arreglos no punto de atención á infancia de Luíntra

O alcalde asegura que o centro pasou recentemente a inspección da xunta, que non detectou problema algún

O grupo municipal do PSOE no concello de Nogueira de Ramuín reclamóu onte, a través dun comunicado, a eliminación das deficiencias existentes no centro de atención á infancia de Luíntra. Segundo os socialistas, desde a apertura do local no ano 2013, os pais e nais  "relatan deficiencias" e reclaman que sexan resoltas.

A voceira socialista, Antonia Álvarez, reclama ao goberno municipal o arranxo de problemas como a existencia de escaleiras e varandas cortantes, un sistema de calefacción inoperante, ao igual que o porteiro automático, un chan resbaladizo e atrancos na porta da cociña. Fala, así mesmo, a voceira socialista, de deficiencias no illamento, humidade e falta de mantemento do céspede e do pequeno horto existente nas inmediacións.

Pola contra, o alcalde, José César Parente, aseguraba onte descoñecer as deficiencias denunciadas polo PSOE e sinalaba que van arranxando todos os problemas quexuden e engadíu que "hai uns días estiveron no centro os inspectores da Xunta e non viron deficiencia algunha".

Te puede interesar