O PSOE ve “parálise total” en Nogueira, sin ninguén á fronte

Óscar Sánchez lamenta que o Concello “desentedeuse” da instalación da fibra óptica

O PSOE de Nogueira de Ramuín critica a “parálise total” do Concello e advirte de “leas internas” no PP, que están provocando que se “deixen de lado” os intereses da veciñanza. Os socialistas, a través do seu voceiro, Óscar Sánchez Yáñez, afirma que a situación é “moi preocupante”, xa que tal e como apuntan “non hai un plan de traballo, nin unha folla de ruta e estanse perdendo subvencións por non presentarse en tempo”.  De feito, apunta o voceiro do PSOE, no Entroido “non houbo nin unha soa actividade” e critica, entre outros puntos,  o “abandono” do solar no que se atopaba o vello centro de saúde.

Óscar Sánchez lamenta que o Concello “desentedeuse” da instalación da fibra óptica e que os vellos postes de madeira da luz pública “xa inutilizados” seguen sen ser retirados, unha situación que tamén se repite coas canalizacións de abastecemento de auga. O PSOE de Nogueira advirte de que a situación é máis crítica que nunca, debido a que o alcalde, José César Parente, está de baixa e a persona na que delegou as funcións “non fai acto de presenza”. 

Ademais, din os socialistas que o candidato a entrar como alcalde “polo acordo de goberno que tiñan, non firma, tal vez esperando as indicacións da rúa Progreso 32”. 

Te puede interesar