O PSOE de Xinzo critica que haxa dous arquitectos municipais

Elvira Lama, portavoz do PSOE de Xinzo, di que 'dos datos que dispón o grupo municipal dos socialistas se desprende que non son necesarios dous arquitectos municipais, máxime cando os ingresos por licenza de obra caeron nun altísimo porcentaxe; nos orzamentos para este ano 2013 están previstos uns ingresos por este tipo de licenza de 23.164 euros cando no ano 2012 eran de 53.164, unha caída de un 43,47%.'
Por este motivo os socialistas veñen de solicitar toda a documentación que avale a resolución da alcaldía, para facer indefinido a un traballador 'coa correspondente carga para as arcas do Concello, nun momento de difícil situación financeira, que asfixia ós traballadores rebaixando os seus salarios, incapaz de negociar un novo convenio colectivo para os traballadores, e que mantén o Concello cun limite de endebedamento de un 118%, oito puntos por enriba do que permite a lei.

Te puede interesar