Pumar: "A asistencia como oíntes aos plenos da Deputación é incompatible co noxento intento socialista de boicotear os plenos"

O vicepresidente segundo da Deputación lembrou que estas sesións poden seguirse dende calquera punto do mundo a través da súa web "e no propio salón gardando o debido respecto institucional"

"A asistencia como oíntes aos plenos da Deputación é incompatible co noxento intento socialista de boicotear os plenos dunha institución democrática", declarou o vicepresidente segundo da Deputación, Jorge Pumar, quen lembra que estas sesións poden seguirse dende calquera punto do mundo a través da súa web “e no propio salón gardando o debido respecto institucional que os socialistas atacan constantemente".

Jorge Pumar sinala que os socialistas “fan do insulto e da calumnia a súa razón de ser, cuestión incompatible coa convivencia como esencia da democracia”. O vicepresidente segundo lembra que está acreditado que baixo a presidencia de Manuel Baltar “tomaron a palabra representantes de colectivos e membros de plataformas sen ningún tipo de cortapisa”.

O grupo popular avoga polo perfeccionamento do sistema actual que nunca debe permitir “atacar en todos as frontes” nin a institución nin aos seus representantes como tentaron os socialistas ourensáns, tal e como quedou acreditado.

Segundo afirma Jorge Pumar, os plenos da Deputación son para tomar decisións de ámbito provincial e para debater iniciativas políticas, “non para insultar aos membros da corporación nin aos asistentes, e moito menos para deixar en evidencia as carencias democráticas e cívicas dos de sempre”.

Te puede interesar