ENTREVISTA

“Queremos que os nenos coñezan as vivencias das persoas migrantes"

2020081121515082463
photo_camera Xabier Domínguez e Alba de Evan.
Xabier Domínguez e Alba de Evan son os creadores de Antela Editorial

A faceta literaria de Xabier Domínguez e Alba de Evan non pode entenderse sen a compoñente educativa e social. Os seus contos infantís ("A Superavoa de Antón", a serie "Naturizo") amosan unha mirada distinta á das historias tradicionais. Agora, os autores dan un paso adiante coa creación de Antela Editorial e cun novo libro, "Fronteiras de papel", centrado nunha familia migrante. A publicación será posible gracias a unha campaña de crowfunding –recadación de fondos–, xa que unha parte dos beneficios irán destinados a colaborar coa asociación Provivienda en Galicia. 

Atrevéronse a crear a súa propia editorial.

Como escritores xa levamos un pouco de tempo neste mundo e pensamos que queriamos aportar algo distinto, feito en Galicia 100%, dende a edición á impresión. Hai moitas editoriais que imprimen fóra, en países do estranxeiro, e aquí temos moitas imprentas. É certo que sae un pouco máis caro, pero pensamos que merece a pena apostar polo noso.

Apostar polo quilómetro cero tamén nos libros.

Si. Queremos traballar en que os libros e paquetes sexan o máis ecolóxicos posibles, con papel reciclado, menos plástico...

“Fronteiras de papel" está preto dos 2.000 euros recadados. Sorpresa pola boa acollida?

A verdade é que estamos moi contentos, estabamos bastante convencidos de que ía ter boa acollida, é un proxecto bonito e Provivienda realiza unha labor moi importante, pero nunca o sabes. O certo é que aínda que cheguen aos 2.000 euros, pódese seguir participando –o prazo remata en 28 días–.

O conto narra a viaxe de Fátimah e da súa familia, forzados a marchar da súa terra. Unha historia pouco común nos contos. 

Consideramos que hoxe en día é o momento para este tipo de historias, tendo en conta as emigracións masivas que se están a producir e a deshumanización das persoas migrantes, que ás veces non se fala delas como persoas. Comezamos a traballar na idea e creamos a historia de Fátimah, que non é real pero podería. Queremos que os rapaces lles poñan cara aos migrantes, que coñezan as súas viviencias, que vexan que son igual ca eles. É o único xeito de cambiar o futuro.

Te puede interesar