A Xunta rematou a adaptación do sistema de protección no que invertiu case 400.000 euros

Unha reforma fai a AG-53 máis segura para as motos

Resultado da adaptación do sistema de protección para os motoristas nun tramo da AG-53. (Foto: MARTIÑO PINAL)
A autovía entre Dozón (Pontevedra) e Ourense será máis segura a partir de agora para os motoristas. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas rematou os traballos e adaptación dos sistemas de protección na AG-53 (Santiago- Ourense), nos tramos comprendidos entre o punto quilométrico 59,915 e 85,892, da calzada dereita, e entre os 56,254 e 86,373, da esquerda. A Xunta invertiu na súa execución un orzamento de case 400.000 euros. Esta intervención estaba incluída dentro do contrato de obras de conservación integral da AG-53, segundo indicaron fontes da Consellería.
A adaptación do sistema de contención executouse sobre 8.813 metros na calzada dereita e 7.321 na esquerda, sumando preto de 16 quilómetros. A Dirección Xeral de Infraestruturas sinalou que era preciso dispoñer dos sistemas adicionais para protección dos motoristas nas barreiras metálicas no exterior de todas as curvas que tiveran un radio igual ou inferior a 750 metros.

Con esta actuación, a Administración autonómica pretende mellorar a seguridade dos motoristas, reducindo consecuentemente a sinistralidade que as antigas contencións provocaban. Trátase dunha reiterada reivindicación á que a Xunta diu resposta nun tramo da autovía que se considera bastante peligroso e que transcurre de Dozón ata cerca de Ourense, pasando por Piñor.

Te puede interesar