OURENSE

As relacións interxeneracionais rompen estereotipos

Uno de los juegos realizados en la Plaza Mayor
photo_camera Uno de los juegos realizados en la Plaza Mayor

A XI Xornada Interxeneracional reuníu a más de 200 personas maiores, cativos e xente nova.

Máis de 200 persoas maiores, xente nova e cativos participaron durante todo este xoves en Ourense na XI Xornada Interxenaracional que organizaron os alumnos (todos eles de entre 55 e 92 anos) das Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal) e o alumnado das Facultades de Traballo Social e Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense. Nela participaron tamén rapaces de entre 8 e 10 anos do Colexio Salesianos, a Asociación de Discapacidade de Ourense (ADO) a Escola de Tempo Libre Universitaria do Campus de Ourense (ESTOU) e a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación (AUCE).

O encontro comezou co ritmo das cancións, esloganes berrados e moito ánimo de maís de 100 persoas maiores, estudantes universitarios e cativos que posaron para a imaxe de grupo nas escaleiras de Santa María, na Praza Maior. Moitos deles estaban disfrazados de época, para darlle ambente ao xogo no que participaron despois: “A Esmorga Interxeneracional” onde todos os participantes, divididos en grupos de distintas xeracións, utilizaban as prazas que describe A Esmorga para organizar distintos xogos populares.

Pola tarde, no Campus Universitario Facultade Ferro celebraronse varias actividades, abertas a todo o público de xeito gratuito, coma xogos tradicionais, unha actuación de maxia, un show de lume, baile tradicional, unha merenda solidaria amenizada por pandereiteiras e un concerto dun grupo musical local.

 

Valor social

A XI Xornada Interxeneracional, “comezou hai xa once anos de xeito casi extraño, de casualidade” explica a coordinadora de Ategal en Ourense, Marisa Justo que matiza que “todo surdíu despois de representar unha obra de teatro dun dos nosos grupos de alumnos de Ategal na Universidade”. “Alí, vendo a gran interactividade que tivemos coa xente xoven” continúa, “plantexáronnos facer algún tipo de encontro o que empezou de xeito humilde medrou moitísimo e agora conta con gran apoio” ata chegar a o once aniversario en 2014 cumprindo, con creces, os obxectivos que marcaran o inicio: “a recuperación de xogos tradicionais, integrar a Universidade na vida da cidade e viceversa, pero sobre todo, fomentar o aprendizaxe persoal, a motivación para vivir de xeito activo e positivo e potenciar as relacións interxenaracionais, demostrando ante todo os seus beneficios individuais -tanto para a xente maior como a xuventude- colectivos e sociais”.

Na actualidade, engade a responsable de Ategal, “ninguén o dubida, tanto é así que existen multitude de estudios e informes, mesmo internacionais, que avalan os beneficios das actividades interxeneracionais”. En Ourense están a ter tanto éxito entre os alumnos de Ategal, da Universidade e da cidade que, subliña, “antes eramos nos quenes marcábamos un pouco a organización e a dinámica das xornadas e agora son as persoas maiores as que o abanderan todo e marcan o ritmo e a organización”.

E como finalidade importantísima, sinala Justo, “acadamos que a xente maior e o resto dos cidadáns se den conta de que cada un dos colectivos acaba por ter unha imaxe enriquecida do outro”. “Ainda se trata en moitos ambentes aos maiores como carcas, xente pasiva ou sen vida, ou a xente nova como valeiros, so preocupados por beber e a festa ou persoas sen nada que aportar. Son estereotipos, tópicos moi dañinos que este tipo de actividades axudan a desterrar”.

De feito, conclúe, “os que participan nestas xornadas valoran a vida de outro xeito, aportalles riqueza vital, axudalles a valorar a xente maior o xoven, segundo o caso, que teñen no seu entorno, a loitar pola calidade de vida, a apreciar o feito de non estar so na casa”. E asegura que, despois de tantos anos de encontros interxeneracionais, “de aquí sairon ata netos adoptivos ou putativos por chamalo de algún xeito”.

O vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación, Xosé Manuel Cid explica que, nesta edición, ampliouse a participación da xornada coa implicación dos alumnos de Traballo Social e deuselle máis impulso ao incluila como unha das actividades da semana de Promoción Social da Universidade do Campus de Ourense. Cid celebra que estas xornadas sirvan para “levar á xuventude á vida dos maiores e viceversa, rompendo barreiras e estereotipos, fomentando o coñecemento da vida da xente de outras xeracións, compartindo distintos xeitos de ver a vida” e, especialmente, matiza, “estos encontros sirven de ferramenta moi útil para interactuar, confraternizar os maiores cos rapaces” e cumprir con obxectivos coma “a integración da vida universitaria na cidade e a recuperación da cultura e os xogos populares e a súa transmisión á xente nova”.

E ademáis, “temos o gran ventaxe” afirma, “de que se fae dun xeito lúdico e moi atractivo dandolle dinamismo á vida de uns e de outros”.

 

Traxectoria

Ategal é un centro de formación socio cultural, colaborador da Xunta de Galicia, que, sen ánimo de lucro, leva dende 1978 axudando a manterse activo, a mellorar a calidade de vida de adultos e persoas maiores e a que estes atopen amizades e actividades para compartir no seu tempo de lecer. Pioneira na formación de adultos en Galicia, conta actualmente con 1.700 socios.

 En 35 anos Ategal formou a 55.000 alumnos. Algúns deles ata, cumpriron 20 anos na entidade. 

 

Te puede interesar