Los representantes sociales y políticos ensalzan el sentimiento gallego en Ourense

Miembros del gobierno provincial, del tejido empresarial, de medio ambiente, de economía o del ámbito laboral explican cómo se vive el Día de Galicia

Manuel Baltar, presidente de la Diputación: "O Día de Galicia é o Día de Ourense, que ten aportado moito na historia e cultura galegas. Galicia é unha nación cultural, e o pensamento político galeguista tivo o seu berce en Ourense. E seguimos abandeirando os valores e tradicións. Alá onde se atope un ourensán haberá un faro de galeguidade". 


Rosendo Fernández, presidente del Inorde: "A ourensá é parte esencial en Galicia. Non só como provincia, senón como sentimento. Ourense celebra por todo o alto o Día de Galicia, e tanto o celebra, que o barrio máis populoso da cidade, A Ponte, fai as festas no Día de Galicia. Podo dar fe de que Ourense vive a galeguidade con intensidade". 


Pérez Canal, presidente de la CEO: "La evolución de la economía ourensana es buena, pero son necesarias políticas transversales destinadas a estimular la dinamización de la Galicia interior en general y el rural ourensano en particular, con el objetivo de reequilibrar las oportunidades frente a la franja costera". 


Noa Presas, diputada gallega del BNG: "Ourense é a mostra de que é preciso demandar para Galiza máis capacidade de decidir sobre as súas prioridades. 40 anos de gobernos do PP non fixeron que Ourense fora premiada, senón máis esquecida. Isto trouxo aumento da pobreza, perda de poboación e abandono, e ten a provincia en vías de extinción". 


Mario Gago, UGT: "Estamos perdendo investimentos coas provincias costeiras, e pasa o AVE porque ten que pasar. En inversión, Ourense non é favorecida. A Xunta debería impulsar por igual a todas as provincias. Non vale con inversións de pega, e temos que estar en pé de igualdade con todas as provincias". 


Rafa Villarino, secretario general del PSdeG de Ourense: "Ter un fillo nesta provincia é un acto heroico. Tes que levar un fillo de Trives ou Castro Caldelas ao pediatra e tes que ir a Maceda, e non hai transporte. Se nos quitan recursos, a provincia desaparece. Temos potencial, claro, pero estamos esquecidos. Necesítase inversión para evitar a resignación". 


Alberto Vaquero, profesor del Campus: "Es necesario cambiar el chip, ya que frente al tradicional pesimismo hay que encontrar soluciones para mejorar nuestra situación. Nuestra provincia es tierra de emprendedores y tenemos que demostrarlo. Y necesitamos inversiones, para evitar que nuestra provincia sea estación de paso". 


Marisol Díaz, delegada de la Xunta en Ourense: "Temos unha provincia con grandes recursos e posibilidades, nas que día a día, todas as institución estamos a traballar para poñerlos en valor. Estamos nunha posición privilexiada, o compromiso da Xunta é claro. Estamos a traballar todos os días para acadar grandes cotas de benestar". 


Adrián Borrajo, Xuventudes Socialistas: "Cando se fala de Ourense, ao final fálase de desemprego, crise demográfica. envellecemento... É difícil reemprazar a brecha xeracional que existe na actualidade, a maioría dos xóvenes acaban marchando. Somos os que menos inversións temos, e cun reparto non equitativo aos concellos". 


Serxio María Rodríguez, Novas Xeracións: "Ourense é, como definía a Xeración Nós, a Atenas de Galicia, tendo aportado unha síntese cultural, literaria, política, folclórica e social que se identifica coa mellor tradición do galeguismo. Temos a obriga de seguir facendo de Ourense unha cidade moderna e aberta ao mundo sobre os piares da cultura galega".


Xosé Santos, ecoloxista: "Ourense dentro de Galicia é unha xoia pouco coñecida, tanto na pata medioambiental como da diversidade. Temos as montañas máis altas de Galicia, os canóns do Sil, Ribeira Sacra, Xurés....Temos xoias que case ninguén coñece, como a biodiversidade da Serra de San Mamede". 


Juan Luis Saco, Fundación Otero Pedrayo: "O concepto da Galicia do século XX saíu de Ourense. Está na esencia de Galicia. Galicia ten espazos espiritulamente representativos, Rexurdimento e Xeración Nós, e esta última saíu de Ourense. E está pouco recoñecida a importancia actualmente". 


 

Te puede interesar