Revisión ás obras de saneamento en Sequeiros, no concello de Coles

Imaxe da depuradora de San Cibrao.
photo_camera Imagen de archivo de una depurad

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Manuel Rodríguez, alcalde de Coles, supervisaron onte as obras de mellora do saneamento do núcleo de Sequeiros, executadas polo organismo de conca no último ano e que supoñen un investimento de 1,1 millóns de euros, que puxeron fin aos problemas de verteduras que tiña Coles.

Construíuse unha rede de colectores que recollen as augas residuais que chegan á fosa situada á beira do arroio Lusín, ao sur de Soutullo de Abaixo, para unilas ás procedentes do núcleo de Sequeiros e desde un novo pozo de bombeo, situado na estrada de Seoane, conducilas ata a rede de saneamento de Ourense. Esta actuación requiriu, ademais, a realización de obras na rede de Ourense para ampliar a capacidade das conducións existentes e mellorar a conexión destas novas verteduras á depuradora.

Por finalizar

A obra está finalizada a excepción da alta da subministración eléctrica e da pavimentación de parte do trazado dos colectores en Coles, que as choivas dos últimos días non permitiron terminar. A finalización está prevista para os últimos días de outubro.

“A colaboración entre Administracións é fundamental para conseguir un uso sostible dos recursos; neste proxecto aproveitarase o sistema de saneamento, construído nos últimos anos no Concello de Ourense e dotado de tecnoloxía punteira, para poñer fin aos problemas recorrentes de verteduras que ten o municipio de Coles, limítrofe coa capital ourensá”, concluíu o presidente da Hidrográfica.

Te puede interesar