Ribadavia conta coa primeira guía sobre o seu románico

O Concello de Ribadavia dispón da súa primeira guía do patrimonio románico deste municipio. O próximo luns presentarase ó público contando coa presencia do autor do traballo, Xosé Lois García, un historiador, nacido en Chantada, e licenciado pola Universidade de Barcelona. Na súa actividade destaca como conferenciante, ensaista, crítico en literatura e arte, e por ser un especialista no románico. Nese senso, apunta o concelleiro de Cultura de Ribadavia, José Prieto, que 'o autor está vencellado á comarca do Ribeiro dende hai tempo pola súa afeición á historia desta zona'.
Por outra banda, o departamento municipal de Cultura procederá en próximos días a distribuir un novo folleto, en galego e castelán, de difusión turística de Ribadavia. Estes folletos remitiranse as casas de turismo rural, hoteles, pensións, oficinas de turismo, balnearios e todas aquelas entidades que podan contribuir a difundir a oferta deste municipio e tamén da comarca do Ribeiro, basada fundamentalmente no enoturismo, o patrimonio, o termalismo e a paisaxe.

Te puede interesar