ENTREVISTA

Rosa Álvarez: "Estou na idade na que non hai papeis para min, estamos invisibilizadas"

__rosaalvarez_result
photo_camera Rosa Álvarez,Premio de Honra Marisa Soto.

A ourensá Rosa Álvarez foi homenaxeada co Premio de Honra "Marisa Soto", concedido pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia

En activo. A ourensá Rosa Álvarez, homenaxeada co Premio de Honra "Marisa Soto", concedido pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia, non rexeita papeis. "De reparto ou de protagonista, sempre os collín e sempre foron importantes", afirma. O galardón recoñece a traxexctoria da actriz por ser "auténtica pioneira do teatro profesional e impulsora de iniciativas históricas como a Agrupación Cultural Abrente e as primeiras Mostras de Ribadavia. 

A palabra "pioneira" repítese nos halagos. Como se sinte?

Houbo máis pioneiros, hai moitas actrices que poderían compartir este premio que leva o nome das miña compañeiras de viaxe. Marisa Soto, Mabel Rivera e eu fixemos a primeira compañía de teatro de mulleres en Galicia. 

Foi máis difícil abrirse camiño sendo muller?

Non. Costounos o mesmo que a outras compañías. Na época que eu vivín non tivemos moito machismo. 

Agora é diferente?

Eu non o sinto. Se cadra no audiovisual pode darse o caso, non o sei. Eu creo que por sorte non existe moito machismo na nosa profesión.

Que supuxo profesionalizar o teatro en galego?

Foi o gran cambio. Pasar de aficionado a ter salarios. Permitiunos ser máis creativos.

Como ve, profesionalmente, o teatro galego que se fai hoxe? 

Nun momento moi malo. Os espectáculos que se facíamos no Centro Dramático con 20 ou 30 persoas pasaron a historia.  Agora contrátanse 10 actores e faise unha soa produción. Xa non está tan inmerso na sociedade. E a política teatral é un desastre. Hai poucas funcións e pouco presuposto. 

Ten proxectos en mente?

Estou nunha idade na que xa non hai papeis para min. A partir dos 45-50 non existimos, e eu teño máis, estamos invisibilizadas.

Que papel lle falta por facer?

Nestes momentos, estou decepcionada do mundo. Non está na miña mente nada, calquera papel que veña será importante. 

Te puede interesar