RENOVACIÓN VIAL

A rúa Concello abrirá este martes a partir das 16,00 horas

A empresa adiantou o prazo de execución en dez días. A data prevista era o 16 de setembro.

A rúa Concello abrirá mañá ao tráfico no seu sentido habitual, a partires das 16:00 horas. Finalizadas as obras, o Concello de Ourense asinará a acta de recepción dos traballos durante a mañá e o tráfico restablecerase con toda normalidade a partires das 16:00 horas.

A empresa executou a obra nun prazo inferior ao inicialmente previsto. O prazo contractual cumpríase o 16 de setembro -6 meses desde a firma da acta de replanteo, que se realizou o 16 de marzo-.

Te puede interesar