Ruta do Viño da Ribeira Sacra. Descubre o mellor do enoturismo heroico

RUTA ROMÁNICA (PANTÓN E SOBER)
photo_camera RUTA ROMÁNICA (PANTÓN E SOBER)
Haberá actividades para coñecer na Ruta do Viño da Ribeira Sacra dende a tradición vitivinícola da zona e descubrir as súas paraxes naturais

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra esténdese por 20 municipios, no sur da provincia de Lugo e o nordés da de Ourense, con un gran valor turístico.

Maridaxe e gastronomía

“Parellas sumamente pracenteiras” é unha cata especial e maridaxe de cinco viños da Ribeira Sacra impartida pola sommelier Mercedes González. A degustación estará acompañada de conservas de peixes e mariscos. Será o venres 26 de maio, de 19,30 a 21,30 horas. A actividade é de balde. Grupo mínimo de 10 persoas, máximo de 20. Terá lugar no Centro do viño da Ribeira Sacra (Monforte de Lemos). Máis información: Ruta do Viño da Ribeira Sacra (teléfono 698 167 991)

O aceite, protagonista

“Entre aceites da Ribeira Sacra” é unha ruta con guía acompañante na que se visitarán as oliveiras e a almazara de Val de Quiroga, onde os participantes farán unha cata de aceite e visitarán a adega e un obradoiro de madeira de oliveira. Farase unha degustación de viños acompañados de petiscos. Será o venres 26 de maio de 18,00 a 21,00 horas. Precio: 5 euros por persoa. Grupo mínimo de 10 persoas, máximo 20. Saída dende o aparcamento do parque dos Condes (Monforte de Lemos).

Diversión para os rapaces

Actividades para os máis pequenos relacionadas coa Ribeira Sacra. Espazo infantil I (de 3 a 5 anos) contará con modelaxe con arxila e estampación de selos con corchos, e Espazo infantil II (de 6 a 11 anos) con elaboración de pins, cociña creativa e descubrimento da Ribeira Sacra cos cinco sentidos. Será o sábado 27 de maio, o Espazo infantil I de 10,30 a 12,30 horas e o Espazo infantil II, de 12,00 a 14,00 horas. De balde. Na Casa da Cultura do Concello de Chantada.

Senderismo e viño

Ruta con guía acompañante pola senda PR-G 180 (Ruta da Cubela, 10 qm). Inclúe a visita á Adega Proencia, con degustación de viños e pratos variados. Sábado 27 de maio, de 09,00 a 16,30 horas. 10 euros por persoa. Saída dende o aparcamento do parque dos Condes (Monforte de Lemos).

Somérxete nos canóns do Sil

Ruta en catamarán polos Canóns do Sil. Visitara á Adega Vella, onde cataremos sete dos seus viños, acompañados de petiscos. Será o sábado 27 de maio, de 10,00 a 14,30 horas. 10 euros por persoa. Saída dende o aparcamento do parque dos Condes (Monforte de Lemos).

Tapas e viños en Amandi

Visita á adega Rectoral de Amandi e degustación de tres dos seus viños. Degustación de catro pinchos no restaurante O Grelo, acompañados por un violinista. Será o sábado 27 de maio, de 17,00 a 21,00 horas. 10 euros por persoa. Saída dende o aparcamento do parque dos Condes (Monforte de Lemos)

Ruta románica (Pantón e Sober)

Visita ao mosteiro do Divino Salvador (Ferreira de Pantón) e ás igrexas de Santa María de Proendos e de San Vicente de Pinol en Sober. Será o domingo 28 de maio, de 10,00 a 14,00 horas. De balde. Recoméndase levar roupa e calzado cómodos. Saída desde o mosteiro do Divino Salvador.

O Miño na Ribeira Sacra

Ruta na lancha Quinta Sacra con vistas ao Cabo do Mundo, ao Castelo de Marce e á fervenza de Augacaída. Visita a adega Finca Míllara (degustción de viño con pratos típicos da zona). Domingo 28 de maio, de 10,00 a 16,00 horas (10 euros por persoa). Saída dende o o Parque dos Condes (Monforte de Lemos).

Centro de interpretación

Visita guiada ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, un espazo museístico onde se realizará unha viaxe polo patrimonio artístico, histórico, natural e vitivinícola da Ribeira Sacra. Degustación de viño. 26, 27 e 28 de maio, ás 12,30 e ás 18,00 horas (2,5 euros por persoa). 

Ecomuseo de Arxeriz

Visita guiada ao Ecomuseo de Arxeriz-Fundación Xosé Soto de Fión (O Saviñao), en fronte dun dos lugares máis emblemáticos da Ribeira Sacra: o Cabo do Mundo. Forma parte da Rede Museística de Galicia.  26, 27 e 28 de maio, de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00 horas (2,5 euros por persoa).

Museo etnográfico (Quiroga)

Visita guiada e percorrido polas distintas salas temáticas do museo, que abordan os produtos locais como o viño, castaña, aceite e mel; e  elementos como a pedra, a madeira, o ferro e os téxtiles. Venres 26, sábado 27 e domingo 28 de maio (concertar visita,  1 euro por persoa).

Ruta guiada en segway

A empresa Enturismo Galicia organiza unha excursión en segway pola Ribeira Sacra, entre sendeiros e bosques. Visita ao miradoiro Pena do Castelo, con degustación de un viño da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra. 27 e 28 de maio, de 11,30 a 18,00 horas (30 euros por persoa).

Paseo en barca

A empresa Quinta Sacra organiza un paseo en barca entre viñas e bosques de carballos, facendo parada nunha adega a pé de río para saborear os seus viños entre viñedos que descenden en bancais. Non hai cultivo máis heroico. Reserva previa. (30 euros por persoa. Grupo mínimo de 10 persoas ).

Te puede interesar